in Uncategorised
14. 05. 12
posted by: Super User
Visto: 2206

A diversidade biolóxica, máis coñecida como biodiversidade, é o conxunto que forman a variedade de poboacións e especies diferenciadas xenéticamente que habitan no planeta e o entramado de relacións que se establecen entre elas.

Outra definición é a dada polo Convenio sobre Diversidade Biolóxica, según a cal enténdese por biodiversidade "a variabilidade de organismos vivos de calqueira fonte, incluídos entre outras cousas, os ecosistemas terrestres e mariños e outros ecosistemas acuáticos e os complexos ecolóxicos dos que forman parte, comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e os ecosistemas".

Galicia caracterízase por unha rica e variada diversidade biolóxica, debida en parte á grande heteroxeneidade orográfica, litolóxica, edáfica e climática, e, por outro lado, á influencia do ser humano, que ao longo do tempo foi transformando e modelando os recursos naturais e a paisaxe. Unha gran parte dos hábitats naturais galegos presentan un grande interese polo seu alto valor natural, o seu carácter endémico, rareza ou estado de conservación, como son as dunas, marismas, lagoas, turbeiras ou fragas, elementos que lle imprimen un carácter particular ao noso territorio rural. Galicia conta cunha importante e recoñecida riqueza paisaxística.

 A súa situación xeográfica, a presencia do océano e a existencia das altas serras orientais, unha contrastada morfoloxía, milleiros de ríos, e a existencia de dúas Galicias petrolóxicas: a granítica e a pizarrenta, configuran unha diversidade paisaxística única e irrepetible. Non obstante a situación actual, derivada dunha mudanza súpeta nos usos e nos costumes das xentes como consecuencia do desenvolvemento socioeconómico, tivo como consecuencia unha forte degradación das paisaxes en áreas moi concretas do noso territorio.

Tipos de Biodiversidade

A biodiversidade adoita manifestarse en tres niveis:

  • Diversidade xenética: a variedade de elementos xenéticos básicos encontrados en representantes individuales dunha especie.
  • Diversidade de especies: a variedade de organismos vivos encontrados nun lugar concreto.
  • Diversidade de ecosistemas: a variedade de especies, funcións e procesos ecolóxicos, tanto en tipoloxía como en número, que se dan en diferentes escenarios físicos.

Este proceso xerou un dos recursos máis valiosos do planeta: a biodiversidade. Desde fai décadas vén observando a nivel mundial e europeo unha redución considerable da diversidade biolóxica como consecuencia de determinadas actividades humanas (contaminación, deforestación, etc.). Esta situación é preocupante. En efecto, unha biodiversidade adecuada limita os efectos de determinados riscos ambientais tales como o cambio climático ou as pragas de parásitos. A diversidade é esencial para manter a viabilidade a longo prazo da agricultura e a pesca, e constitúe a base de numerosos procesos industriais e da fabricación de medicamentos novos.

Función da Biodiversidade

A biodiversidade desempeña un papel importante no funcionamento dos ecosistemas e nos numerosos servicios que proporcionan á especie humana e ao resto do mundo vivo. Entre estos, encontranse o ciclo dos nutrintes e o ciclo da auga, a formación e a retención do chan, a resistencia ás especies invasoras, a polinización das plantas, a regulación do clima, o control das plagas e a contaminación, etc. No caso dos servicios dos ecosistemas, o que importa non é so o número de especies presentes senón tamén que tipos de especies son abundantes.

Efectos da pérdida da biodiversidade

O que é malo para a diversidade biolóxica será malo con toda seguridade para as poboacións humanas, porque os seres humanos dependen do medio natural para proveerse de aire, auga, materias primas, alimentos, medicinas e outros bens e servicios.

Así a pérdida da biodiversidade ten efectos negativos sobre varios aspectos do benestar humano, como a nosa saúde, a seguridade alimentaria, a vulnerabilidade ante desastres naturais, a seguridade enerxética e o acceso á auga limpa e ás materias primas. Cando se altera o entorno para superar os límites dun dos servizos que prestan os ecosistemas, a súa acción adoita acarrexar tamén cambios ao resto dos servizos.

Biodiversidade (pdr)

Por último, a Estratexia Galgega para a Conservación e Uso Sostibel da Biodiversidade recoñece a especial importancia que en Galicia teñen os recursos forestais, destacando que toda relación que se estableza entre o sector forestal e a conservación da biodiversidade debe partir da consideración de que os bosques son os ecosistemas que albergan a maior parte da diversidade biolóxica da terra, sendo esta idea igualmente aplicable ao territorio galego. O reto consiste en conxugar todos estes intereses no marco xeral das distintas funcións asignadas ao monte, buscando a complementariedade entre os obxectivos de protección, producción e perdurabilidade do recurso. Asi mesmo, sinala que cómpre incorporar nas políticas, plans e proxectos forestais criterios ambientais que aseguren a minimización de impactos e a aplicación de medidas correctoras axeitadas, así como a conservación, fomento e defensa das especies forestais autóctonas.

 

 

in Uncategorised
14. 05. 12
posted by: Super User
Visto: 2948

Fegama desarrollará as súas actividades no medio rural galego, mediante os seus propios recursos e as das súas asociacións federadas. 

Na actualidade, Fegama está composta por 30 asociacións medioambientais distribuídas por todo o territorio galego:

  1.  Asociación Ecoloxista "Finisterrae"
  2. Asociación Medioambiental "Comarca de Ordes"
  3. Asociación Medioambiental "Terra de Barcala e Xallas"
  4. Asociación Medioambiental "Terra de Soneira"
  5. Asociación Naturista da Comarca de Ortegal
  6. Asociación para a Defensa do Medio Ambiente das Comarcas de Arzúa e Terras de Melide.
  7. Asociación para o Desenvolvemento Sostible da Comarca de Bergantiños
  8. Asociación Medioambiental "Compostela"
  9. Asociación Ecoloxista da Mariña de Lugo
  10. Asociación Medioambiental "Comarca de Lugo"
  11. Asociación Medioambiental de Meira
  12. Asociación Naturista de Guitiriz
  13. Asociación para a Defensa do Medio Ambiente da Terra Chá
  14. Asociación para a Preservación dos Ancares
  15. Asociación para o Desenvolvemento Sostible da Comarca da Fonsagrada
  16. Asociación Medioambiental "Comarca de Sarria"
  17. Asociación Ecoloxista "Terra de Lemos"
  18. Asociación Naturista de Chantada
  19. Asociación Ecoloxista "A Ulloa"
  20. Asociación Ecoloxista do Ribeiro
  21. Asociación Naturista do Carballiño
  22. Asociación para a Defensa do Medio Ambiente da Comarca de Verín
  23. Asociación para o Desenvolvemento Sostible da Comarca de Viana
  24. Asociación Medioambiental do Xurés
  25. Asociación Ecoloxista da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes
  26. Asociación Medioambiental "Comarca do Deza"
  27. Asociación Medioambiental "O Rosal"
  28. Asociación Medioambiental de Rodeiro
  29. Asociación Naturista do Salnés
  30. Asociación para a Defensa do Medio Ambiente de Silleda

A través das asociacións pretendemos aplicar estratexias orixinais de desenvolvemento sostible integradas e destinadas básicamente á mellora da súa contorna económica para contribuír á creación de emprego, valorando o patrimonio natural e cultural, compatibilizado cos obxectivos de sustentabilidade, que inclúe a conservación do medio ambiente ou a súa transformación en función do seu melloramento e valorización, a equidade social, para manter a cohesión entre a comunidade, para optimizar os recursos e evitar a fragmentación dos intereses.

Para levar a cabo os nosos proxectos contamos co apoio e o compromiso dos habitantes do medio rural, factor imprescindible para a posta en marcha de calquera actuación que se leve a cabo no medio rural.

in Uncategorised
14. 05. 09
posted by: Super User
Visto: 3034

É unha federación medioambiental sen ánimo de lucro e independiente, formada por un grupo de profesionais do medio rural que traballan para contribuír á construcción dun desenvolvemento sostible mediante a xeración e posta en marcha de alternativas ecolóxicamente sostibles, socialmente xustas e económicamente viables.

Agrupa 30 asociacións medioambientais repartidas polo rural galego, constituída para representar, defender, asesorar e establecer vías de comunicación e colaboración entre as asociacións que a compoñen, e que naceu co compromiso conxunto de axuntar esforzos co fin de aumentar o nivel de información, formación, sensibilización e participación no medio rural, conseguir incorporar unha producción limpa nas actividades do medio rural, conseguir unha maior capacidade no ámbito económico e favorecer a innovación das empresas rurais.

Fegama nace ca pretensión de afrontar unha problemática ambiental común, contribuír a cubrir unha serie de carencias no medio rural, e en definitiva, pola necesidade da sociedade rural de abordar o reto medioambiental, tecnolóxico e social ao que se enfronta. O ritmo e o alcance dos cambios que se estan producindo nas organizacións e nas actividades que se desenvolven no medio rural non ten precedentes históricos. A globalización e intensificación da competencia, o avance tecnolóxico, o aumento das esixencias dos consumidores e os cambios nos modelos de lexislación (endurecemento da normativa ambiental) son algúns dos factores que están facendo do cambio un imperativo no medio rural.

Por outra banda Fegama xurde ca pretensión de establecer mecanismos de participación dos habitantes do medio rural, nos procesos de elaboración e desenvolvemento das actuacións que se levan a cabo relacionadas co medio ambiente.

E por suposto Fegama nace cunha clara vocación reivindicativa e de denuncia, con respeto a calquer agresión que se faga contra o medio ambiente.

in Uncategorised
14. 05. 09
posted by: Super User
Visto: 2940

O noso obxetivo principal é protexer e defender o medio ambiente, intervindo naquelas zonas de Galicia onde se cometan agresións contra a Natureza.

Os retos medioambientais que pretende abordar Fegama, e que necesitan accións urxentes son, entre outros, o cambio climático, a pérdida de biodiversidade, a destrucción da paisaxe, a degradación do solo e a auga, o abandono no rural, os lumes forestais e os impactos sobre a saúde causados pola contaminación.

A Federación pretende fomentar entre as súas Asociacións membros a conciencia ambiental e uns métodos de traballo responsables no contexto ecolóxico e social, para que a sociedade rural en xeral desempeñe o papel que lle corresponde na conservación do medio ambiente.

O desenvolvemento sostible esixe a dispoñibilidade a longo prazo de recursos naturais e a preservación da calidade medioambiental. Polo tanto, require cambios nos métodos de producción existentes e no comportamento do consumidor.

Os obxetivos específicos que rexerán a elaboración da planificación, serán os seguintes:

  • Conseguir incorporar unha produción limpa nas actividades do medio rural, para intentar alcanzar un equilibrio que faga compatible o desenvolvemento económico cun contorno adecuado para nós e para os nosos descendentes.
  • Promover prácticas, estratexias e sistemas de xestión empresariais no medio rural que persigan un equilibrio entre as dimensións económica, social e ambiental.
  • Fomentar a preservación da biodiversidade e da paisaxe, desde a perspectiva do desenvolvemento sostible.
  • Informar, formar e sensibilizar ao conxunto da sociedade e aos responsables das actividades do medio rural sobre o funcionamento dos sistemas naturais, do fácil que resulta estragar o seu equilibrio pola súa fraxilidade, e das enormes dificultades que xurden cando se pretenden recuperar.
  • Promover e potenciar as explotacións agrarias tradicionais, especialmente nas zonas desfavorecidas e nas incluídas na Rede Natura 2000, potenciando nestas áreas a agricultura ecolóxica, a agricultura de conservación, a reintroducción de razas e especies animais e vexetais autóctonas, etc.
  •  Promover a vinculación da base productiva e factores endóxenos de calidade, distribuídos por todo o territorio, que favorezan o equilibrio territorial.
  • Promover a conxunción de esforzos de tres sectores crave: administracións públicas, empresas e entidades sociais. Temos o convencemento de que para lograr cambios significativos no noso modelo de consumo e produción, hai que contar cos esforzos compaxinados dos tres sectores.
  • Informar e asesorar acerca da situación do medio ambiente, das cuestións técnicas relativas á protección ambiental, a utilización sostible dos recursos naturais e acerca da eficacia das principais políticas ambientais e sectoriais así como a súa aplicación.
  • Promover e coordinar a participación dos habitantes do medio rural no proceso de elaboración e desenvolvemento da planificación das distintas actuacións que se leven a cabo no seu territorio.
  • Valorizar a diversidade do patrimonio natural e cultural do medio rural galego.
  • Promover a producción e o consumo responsable, a mobilidade sostible e a implantación das enerxías renovables no medio rural tanto para a súa utilización como para xerar rendas complementarias e emprego.
  • Difundir medidas para a mitigación e adaptación ante o problema do Cambio Climático, nas distintas actividades do medio rural, tanto colectivas como individuais.
  • Fomentar a creación de empresas e o asociacionismo na poboación rural galega.