Biodiversidade

14. 05. 12
posted by: Super User
Visto: 2127

A diversidade biolóxica, máis coñecida como biodiversidade, é o conxunto que forman a variedade de poboacións e especies diferenciadas xenéticamente que habitan no planeta e o entramado de relacións que se establecen entre elas.

Outra definición é a dada polo Convenio sobre Diversidade Biolóxica, según a cal enténdese por biodiversidade "a variabilidade de organismos vivos de calqueira fonte, incluídos entre outras cousas, os ecosistemas terrestres e mariños e outros ecosistemas acuáticos e os complexos ecolóxicos dos que forman parte, comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e os ecosistemas".

Galicia caracterízase por unha rica e variada diversidade biolóxica, debida en parte á grande heteroxeneidade orográfica, litolóxica, edáfica e climática, e, por outro lado, á influencia do ser humano, que ao longo do tempo foi transformando e modelando os recursos naturais e a paisaxe. Unha gran parte dos hábitats naturais galegos presentan un grande interese polo seu alto valor natural, o seu carácter endémico, rareza ou estado de conservación, como son as dunas, marismas, lagoas, turbeiras ou fragas, elementos que lle imprimen un carácter particular ao noso territorio rural. Galicia conta cunha importante e recoñecida riqueza paisaxística.

 A súa situación xeográfica, a presencia do océano e a existencia das altas serras orientais, unha contrastada morfoloxía, milleiros de ríos, e a existencia de dúas Galicias petrolóxicas: a granítica e a pizarrenta, configuran unha diversidade paisaxística única e irrepetible. Non obstante a situación actual, derivada dunha mudanza súpeta nos usos e nos costumes das xentes como consecuencia do desenvolvemento socioeconómico, tivo como consecuencia unha forte degradación das paisaxes en áreas moi concretas do noso territorio.

Tipos de Biodiversidade

A biodiversidade adoita manifestarse en tres niveis:

  • Diversidade xenética: a variedade de elementos xenéticos básicos encontrados en representantes individuales dunha especie.
  • Diversidade de especies: a variedade de organismos vivos encontrados nun lugar concreto.
  • Diversidade de ecosistemas: a variedade de especies, funcións e procesos ecolóxicos, tanto en tipoloxía como en número, que se dan en diferentes escenarios físicos.

Este proceso xerou un dos recursos máis valiosos do planeta: a biodiversidade. Desde fai décadas vén observando a nivel mundial e europeo unha redución considerable da diversidade biolóxica como consecuencia de determinadas actividades humanas (contaminación, deforestación, etc.). Esta situación é preocupante. En efecto, unha biodiversidade adecuada limita os efectos de determinados riscos ambientais tales como o cambio climático ou as pragas de parásitos. A diversidade é esencial para manter a viabilidade a longo prazo da agricultura e a pesca, e constitúe a base de numerosos procesos industriais e da fabricación de medicamentos novos.

Función da Biodiversidade

A biodiversidade desempeña un papel importante no funcionamento dos ecosistemas e nos numerosos servicios que proporcionan á especie humana e ao resto do mundo vivo. Entre estos, encontranse o ciclo dos nutrintes e o ciclo da auga, a formación e a retención do chan, a resistencia ás especies invasoras, a polinización das plantas, a regulación do clima, o control das plagas e a contaminación, etc. No caso dos servicios dos ecosistemas, o que importa non é so o número de especies presentes senón tamén que tipos de especies son abundantes.

Efectos da pérdida da biodiversidade

O que é malo para a diversidade biolóxica será malo con toda seguridade para as poboacións humanas, porque os seres humanos dependen do medio natural para proveerse de aire, auga, materias primas, alimentos, medicinas e outros bens e servicios.

Así a pérdida da biodiversidade ten efectos negativos sobre varios aspectos do benestar humano, como a nosa saúde, a seguridade alimentaria, a vulnerabilidade ante desastres naturais, a seguridade enerxética e o acceso á auga limpa e ás materias primas. Cando se altera o entorno para superar os límites dun dos servizos que prestan os ecosistemas, a súa acción adoita acarrexar tamén cambios ao resto dos servizos.

Biodiversidade (pdr)

Por último, a Estratexia Galgega para a Conservación e Uso Sostibel da Biodiversidade recoñece a especial importancia que en Galicia teñen os recursos forestais, destacando que toda relación que se estableza entre o sector forestal e a conservación da biodiversidade debe partir da consideración de que os bosques son os ecosistemas que albergan a maior parte da diversidade biolóxica da terra, sendo esta idea igualmente aplicable ao territorio galego. O reto consiste en conxugar todos estes intereses no marco xeral das distintas funcións asignadas ao monte, buscando a complementariedade entre os obxectivos de protección, producción e perdurabilidade do recurso. Asi mesmo, sinala que cómpre incorporar nas políticas, plans e proxectos forestais criterios ambientais que aseguren a minimización de impactos e a aplicación de medidas correctoras axeitadas, así como a conservación, fomento e defensa das especies forestais autóctonas.