Obxetivos

14. 05. 09
posted by: Super User
Visto: 2830

O noso obxetivo principal é protexer e defender o medio ambiente, intervindo naquelas zonas de Galicia onde se cometan agresións contra a Natureza.

Os retos medioambientais que pretende abordar Fegama, e que necesitan accións urxentes son, entre outros, o cambio climático, a pérdida de biodiversidade, a destrucción da paisaxe, a degradación do solo e a auga, o abandono no rural, os lumes forestais e os impactos sobre a saúde causados pola contaminación.

A Federación pretende fomentar entre as súas Asociacións membros a conciencia ambiental e uns métodos de traballo responsables no contexto ecolóxico e social, para que a sociedade rural en xeral desempeñe o papel que lle corresponde na conservación do medio ambiente.

O desenvolvemento sostible esixe a dispoñibilidade a longo prazo de recursos naturais e a preservación da calidade medioambiental. Polo tanto, require cambios nos métodos de producción existentes e no comportamento do consumidor.

Os obxetivos específicos que rexerán a elaboración da planificación, serán os seguintes:

  • Conseguir incorporar unha produción limpa nas actividades do medio rural, para intentar alcanzar un equilibrio que faga compatible o desenvolvemento económico cun contorno adecuado para nós e para os nosos descendentes.
  • Promover prácticas, estratexias e sistemas de xestión empresariais no medio rural que persigan un equilibrio entre as dimensións económica, social e ambiental.
  • Fomentar a preservación da biodiversidade e da paisaxe, desde a perspectiva do desenvolvemento sostible.
  • Informar, formar e sensibilizar ao conxunto da sociedade e aos responsables das actividades do medio rural sobre o funcionamento dos sistemas naturais, do fácil que resulta estragar o seu equilibrio pola súa fraxilidade, e das enormes dificultades que xurden cando se pretenden recuperar.
  • Promover e potenciar as explotacións agrarias tradicionais, especialmente nas zonas desfavorecidas e nas incluídas na Rede Natura 2000, potenciando nestas áreas a agricultura ecolóxica, a agricultura de conservación, a reintroducción de razas e especies animais e vexetais autóctonas, etc.
  •  Promover a vinculación da base productiva e factores endóxenos de calidade, distribuídos por todo o territorio, que favorezan o equilibrio territorial.
  • Promover a conxunción de esforzos de tres sectores crave: administracións públicas, empresas e entidades sociais. Temos o convencemento de que para lograr cambios significativos no noso modelo de consumo e produción, hai que contar cos esforzos compaxinados dos tres sectores.
  • Informar e asesorar acerca da situación do medio ambiente, das cuestións técnicas relativas á protección ambiental, a utilización sostible dos recursos naturais e acerca da eficacia das principais políticas ambientais e sectoriais así como a súa aplicación.
  • Promover e coordinar a participación dos habitantes do medio rural no proceso de elaboración e desenvolvemento da planificación das distintas actuacións que se leven a cabo no seu territorio.
  • Valorizar a diversidade do patrimonio natural e cultural do medio rural galego.
  • Promover a producción e o consumo responsable, a mobilidade sostible e a implantación das enerxías renovables no medio rural tanto para a súa utilización como para xerar rendas complementarias e emprego.
  • Difundir medidas para a mitigación e adaptación ante o problema do Cambio Climático, nas distintas actividades do medio rural, tanto colectivas como individuais.
  • Fomentar a creación de empresas e o asociacionismo na poboación rural galega.