Fegama

14. 05. 09
posted by: Super User
Visto: 3150

É unha federación medioambiental sen ánimo de lucro e independiente, formada por un grupo de profesionais do medio rural que traballan para contribuír á construcción dun desenvolvemento sostible mediante a xeración e posta en marcha de alternativas ecolóxicamente sostibles, socialmente xustas e económicamente viables.

Agrupa 30 asociacións medioambientais repartidas polo rural galego, constituída para representar, defender, asesorar e establecer vías de comunicación e colaboración entre as asociacións que a compoñen, e que naceu co compromiso conxunto de axuntar esforzos co fin de aumentar o nivel de información, formación, sensibilización e participación no medio rural, conseguir incorporar unha producción limpa nas actividades do medio rural, conseguir unha maior capacidade no ámbito económico e favorecer a innovación das empresas rurais.

Fegama nace ca pretensión de afrontar unha problemática ambiental común, contribuír a cubrir unha serie de carencias no medio rural, e en definitiva, pola necesidade da sociedade rural de abordar o reto medioambiental, tecnolóxico e social ao que se enfronta. O ritmo e o alcance dos cambios que se estan producindo nas organizacións e nas actividades que se desenvolven no medio rural non ten precedentes históricos. A globalización e intensificación da competencia, o avance tecnolóxico, o aumento das esixencias dos consumidores e os cambios nos modelos de lexislación (endurecemento da normativa ambiental) son algúns dos factores que están facendo do cambio un imperativo no medio rural.

Por outra banda Fegama xurde ca pretensión de establecer mecanismos de participación dos habitantes do medio rural, nos procesos de elaboración e desenvolvemento das actuacións que se levan a cabo relacionadas co medio ambiente.

E por suposto Fegama nace cunha clara vocación reivindicativa e de denuncia, con respeto a calquer agresión que se faga contra o medio ambiente.